A min gustaríame que alguén me explicase como pode ser que Okay teña unha das fichas máis altas da plantilla. Un tipo que será un gran profesional, boa xente, e que é un defensor potable, pero con absolutamente ningún cartel máis aló de algún clube da segunda inglesa ou Turquía.
A contratación de Miñambres foi ideal para derruir anos de contención económica, crecemento lento pero seguro, e para dilapidala oportunidade de disfrutar do mellor xogador da nosa historia con equipos claramente mal deseñados. E o tipo foi renovado dous veces. Alucinante.
Non toda a culpa sería súa, claro, pero mimadriña o legado que deixa.