A min doeume a súa saída, pero pola miña parte si algún día quere volver non seréi eu quen peche a porta.
A xente está perdendo a cabeza moi rápido co fútbol e olvidando que isto non é máis ca un mero espectáculo, xogo, pasatempo, etc.
O rapaz non fixo nada malo, non robou, violou, nin matou a ninguén.... simplemente é un traballador máis deste gran espectáculo que chaman fútbol que elixiu tomar un camiño na súa carreira. Persoalmente penso que se equivocou, pero é a súa vida e a súa carreira e ten dereito a facer con elas o que queira...
Cando estivo no Celta deu todo o que tiña e nos engalanou cos seus elegantes xiros de corpo, pases ao oco e demáis highlights, agora decidiu cambiarse a outra empresa onde vai cobrar máis, iso é lexítimo.
Quen queira xogar no Celta eu sempre lle abriréi a porta (salvo xente con delitos graves no seu historial como Mina ou polo estilo). Hai que saber perdoar e non ser rencoroso, e sobre todo si falamos de fútbol me parece un sinsentido enfadarse ou sentenciar a alguén..... entendo indignación e odio aos corruptos ou xentuza na política e outros ámbitos que si nos afectan no noso día a día..... pero rapaces, odiar polo fútbol?? En serio, que nos pasa como sociedade??
Por qué non vai poder volver Fer ao Celta e a Balaidos si él o quere nun futuro??
Manda carallo de verdade, non me gusta nada ver ao celtismo xulgando e condeando desta maneira a un rapaz que non cometer ningún delito.... pensaba que éramos unha afición especial, ao final somos igual de cafres ca os do Madrid, Barsa, Atleti, Depor, etc.
Que o fútbol é un espectáculo e non nos vai a vida nelo, carallo. E ainda que o Celta gañara a Europa League ou a Copa vós seguiríades madrugando para ir aos votos traballos de mileurista e nada cambiaría nas vosas vidas.... que o fútbol non nos da de comer, e os xogadores teñen dereito a facer o que crean oportuno coa súa carreira.