Non sei se o do Nápoles é parte de fume por parte do representante, que esté inflando o tema, ou é totalmente real, pero van demasiados titulares e portadas de medios italianos.
Vou ser claro porque me vexo vir saída a 20 e pico de agosto.
Non quero que se vaia por nada no mundo e culpabilizo moito ao club da súa xestión para chegar a este punto cando debería levar meses renovado, porque el quería facelo polo menos antes. Agora ben, se se vai ir, que se vaia xa, hoxe, pasado mañá ou o domingo pero xa. Para min semana límite. Que quede marxe de tempo a Luis para ter marxe de manobra e fichar en consonancia.
Se chega oferta de 35+5 ou algo así, si que o vendería agora mesmo, básicamente por gañar tempo (porque fichar ficharíano igual pero máis tarde).