Se este é o fin do caso Veiga, deixame unha sensación jodida.
A liga a que se vai, o salario que vai ter e no momento que se vai, faime ter claro que isto se puido resolver doutra maneira, renovación mediante e asunto máis ou menos solucionado hai meses.
Que un canteirán se vaia sendo o mellor xogador do equipo, sen o máis mínimo problema económico, independentemente da cantidade que ofrezan, a un moi bo club pero non tier S, e cun salario que non dista moito do que lle poderiamos ofrecer sen ter problemas co status salarial actual da plantilla dóeme de carallo. Sobretodo porque Él quería quedar e iso debería prevalecer en uns e outros. Dóeme moito máis que cando Iago marchou para o Liverpool que si que o considerei normal por todas as partes.
Non gañamos un só título en 100 anos pero o que me jode, igual que pasou o ano pasado con Brais, é esa sensación de non coidar como deberíamos o noso patrimonio real.