Eu desto non entendo nada pero o que dicides en canto ao limite salarial tenme bastante sentido. Non podes subir soldos asi cando che dea a gana e romper o limite salarial. Senon imaxinade fichar a Messi cunha ficha de 500k anuais e logo asi que pecha o mercado subirlle o soldo a 25 millons anuais. Eu entendo que agora mesmo poida estar pasando eso. Ten lóxica.
E en canto a renovalo, a min encantariame que bote aqui o tempo que el queira. Se se quere quedar ben e se se quere ir tamen, se é por vontade propia, pois cada un debe ser dono do seu propio destino. E por iso agardaria ao veran para revisar todo iso, clausula e ficha.
En canto a ficha, esta claro que habera que poñerlle unha acorde o seu peso no deseño do equipo que faga Carvalhal, pero penso que ten que seguir sentindo que se esta gañando as cousas e que sempre segue habendo algo que gañar. Se lle pos a ficha tope deste equipo, esta claro que estas dando a mensaxe que aqui xa nunca vai pasar diso, e ainda acaba de empezar. E dicir, estas abrindo a porta xa a que busque outras cousas a pouco que o siga facendo ben.
En canto a clausula, eu creo que e mellor ter unha clausula de 70 e que se venda por 70, que ter unha clausula de 100 e que se se acabe vendendo por 70. A mensaxe do vendedor e ben distinta. E creo tamen que eso ten que ir acorde a situacion que temos, de cara tanto a mantelo coma a encontrar un futuro comprador que entre o trapo.
Se agora lle poñemos unha clausula de 120 ou mesmo 100 millons, calquer comprador vai poñer en dubida o de sempre. Moitos cartos para nunca haber saido de Vigo, nunca xogou en competicions grandes,... moitos cartos para unha posible promesa, de quen? Do Celta. Non hai bagaxe de haber vendido estrelas a ninguen nunca. Moitos cartos xeran moitas dubidas.
P