Gabri non marcha.
Dito isto, vou xogar ao avogado do diablo. Gabri a día de hoxe é o segundo ou terceiro xogador (Aspas, Aidoo) máis determinante do equipo, e sería de xustiza que cobrase acorde á súa influencia. O problema é que leva medio puñado de partidos en primeira e non está claro (aínda que o podamos supoñer) que vaia manter este nivel porque é aínda moi novo. Eu non creo que deba saltar ao segundo ou terceiro escalón salarial de golpe. Na niña opinión debería ir escalando progresivamente ata chegar ahí. O que debería deixar xa é de cobrar coma canteirán recén subido para entrar no escalón medio.
O problema principal é que para que esta estratexia funcione o clube debería estar aberto a revisalo contrato máis ou menos a miudo e non creo que o vaian facer.
O que teño meridianamente claro é que cando marche, que marchará, non será por unha cuestión económica. Non me preocuparía demasiado por iso sempre e cando non o teñan puteado.
Pi, tu qué dices que no tienes claro que deba de pasar al escalón salarial que le corresponde por si rendimiento e importancia... ¿No debe de pasar en el Celta a ese escalón salarial, pero en cambio en el Madrid sí consideran que tienen nivel para ficharlo ya mismo a final de temporada? ¿No te parece un poco incongruente?
Non, para nada, igual que non me parece incongruente que Mor cobrase máis que Veiga.
O rol e o status de Veiga é distinto se queda que se ficha polo Madrid:
- Veiga está aquí, é noso, é un xogador importante, confiamos no seu potencial e queremos que siga aportando, pero non deixa de ser un canteirán que acaba de subir, que aínda está no seu proceso formativo e que ten que seguir medrando.
- Se ficha polo Madrid deixará de ser un rapaciño en proceso formativo para ser unha promesa do fútbol mundial da que se espera un rendemento mínimo. Con Mor foi algo parecido, tratamos de ser pacientes porque tiña un contrato largo, pero apostalo polo seu potencial significaba pagarlle algo acorde ao que se esperaba del. Con Williot diría que é o mesmo: está incluso máis verde que Veiga e sen embargo ten un nivel de esixencia maior porque custou un diñeiro que Gabri non.
Con esa base, o soldo de Veiga en Vigo e en Madrid non pode selo mesmo, e se o Madrid quere apostar por unha promesa antes de que sexa prohibitiva (ehem) ten que pasar por caixa.
E aproveito, xa que teño cinco minutiños, para engadir algo: para o Celta pode ser incluso bo dilatalos plazos con Veiga. Por dous motivos:
1) Digamos que no verán lle subes o soldo e o pos no segundo escalón salarial. O ano que ven, xa máis maduro, rende incluso mellor e xa o tes que poñer no primeiro escalafón. E despois, que? Marcha porque o Celta non lle pode ofrecer nada máis. En cambio, medrar dende canteirán prometedor ata estandarte do equipo é un proceso máis largo que a el lle da tempo para pulilo seu potencial e a nós para disfrutalo un pouquiño máis.
2) A meirande parte dos xoguetes rotos do fútbol o son porque pasaron de xogador prometedor a estrela mundial demasiado rápido. Poñerlle un feixe de billetes diante ao primeiro rapaz que destaca 10 partidos non me parece que sexa razoable.
Ao final me está quedando un tocho de carallo, e me disculpo, pero coido que teño unha opinión máis ou menos controvertida (por impopular) e que ben merece unha explicación. Creo que se pode resumir ben rápido: o crecemento dun xogador consiste en ir queimando etapas, e iso é tan certo no campo coma nos despachos.
PD.1: O problema de pensar que a única forma de valorar a un xogador é pagándolle máis e outro tema que da para unha longa discusión. Rechazo absoluto a esta visión mercantilista de todo. Darlle galóns, crear un proxecto deportivo ambicioso, convertilo nun símbolo do celtismo (coma Hugo ou Iago) poden ser incluso mellores motivadores que un sobre cheo de billetes.
Mentres non estea puteado, cobrando en botellas de auga e tarxetas de Vitrasa, non vexo o problema.
PD.2: Aquí parece que o único responsable de todo é o Celta, que ten que andar destrás del todo o día. Se Veiga quere quedar e considera que non cobra o suficiente non vos preocupedes, que xa o fará saber. Despois será cousa do clube valorar se pode chegar ao que lles pide.