A ver, oh, que eu non son o mellor fan de Mallo. Sempre fun algo crítico coa sua personalidade, pero fai anos daba un rendemento excepcional e tiña que calar. Agora dá un rendemento máis mundano e non entendo a súa titularidade indiscutible. Pero a campaña que está habendo contra el, xusto neste momento, non a entendo demasiado ben.
O xesto ao ser cambiado é feo. Pero é un xesto bastante habitual e polo que non se crucifica a ninguén en ningún equipo. O seu rendemento, en xeral, tampouco é nin comparable ao dos seus bos tempos, pero xusto nestas últimas xornadas paréceme que está tendo un rendemento moito mellor e tanto contra o Barcelona coma contra a Real non me pareceu nin que estivese entre os cinco peores do equipo.
Mira que houbo momentos máis propicios para a crítica descarnada a Mallo. Creo que se escolleu o máis inapropiado dende o inicio da pandemia.