A verdade e que parece mentira que poida irse do Celta, pero ao final todo chega. O que me sorprende e a perda de rendemento que tivo, porque non e tan maior, son 31 por ahi, e non e un tipo grande que igual a axilidade o perxudica ao ir entrando en anos. Ademais, ainda sendo normal que perdese un pouco, a experiencia axuda un monton a saber ler as situacions etc,... pero parece que aqui foi un caso de todo ou nada.
Eu para min que se acomodou demasiado e ata perdeu un pouco a motivacion de xogar. De feito, dame a sensacion que ata ser titular lle "molesta" o mesmo que non selo, pero por motivos distintos. Ter que sair, xogar, correr, cansarse,... e unha lata ter que aparentar non estando ben. Pero quedar no banco,...uffff, a ver si van pensar que xa non dou e se me suben as barbas... Para min esta desmotivado.
Ver que tiveches oportunidades importantes tanto no celta coma fora, quedaches, e levas 6 anos pelexando por non baixar con problemas con varios membros do clube (xogadores, tecnicos....) pois igual perdeu a motivacion.
Un caso raro. Pero e o que hai.
Pode ser que a desmotivación sexa un punto. Ó final xa son moitos anos estando no borde do descenso, moitos cambios continuos no plantel, tamén continuos cambios de adestrador, dar a impresión de que estamos moi moi lonxe dos tempos que xogabamos para pelear por entrar en Europa. Pode ser que un cambio de aires, nova aventura, nova liga, novo equipo sexa un chute de optimismo. É comprensible.
A min paréceme normal. Se eu fora futbolista, por moi celtista que sexa, non me pasaría toda a carreira no clube. Gustaríame probar novas experiencias, xogar noutras ligas, vivir noutros países... Iso xa son inquietudes de cada un.
En canto o que che marco en negriña, a min non me sorprende. Mallo sempre destacou por ser un xogador físico. Non é técnico, nin rápido, pero o fulano era un ferrote. Chegaba ó ataque a base de empurrar, o mesmo na defensa, o tipo rillaba grazas a que físicamente era unha besta.
Pero os anos pasan, e sobre todo as continuas lesións, cun par delas de gravidade e unha pubalxia que se alongou moito no tempo, molestias eternas, e todo iso fai desgaste físico. Se Hugo perde capacidade física, queda en nada. Porque non hai moitas más cualidades.
A min paréceme un bo momento se decide marchar. E por suposto se lle desexa toda a sorte.