Quero pensar que se está retrasando a fichaxe por motivos varios.. Quero pensar que o do Betis é cousa do represantante pra sacarnos algo máis de ficha. Négome a crer que non se vaia facer unha fichaxe tan clara. Tipo da casa, cero adaptación nin a cidade, nin ó clima, nin o idioma, nin o carácter da xente, coñece o adestrador, o sistema de xogo.. En fin, cousas que fan que case calqueira xogador por moi bo que sexa, precisa dun tempo de adaptación que pode ir duns meses a máis dun ano. Sabemos e sufrimos nas nosas propias carnes de casos de xogadores que non comezan a rendir até a súa segunda tempada ou máis. Cantos quedan polo camiño, e o prexuízo que nos causa tanto económica como deportivamente.
En fin, non o entendo. O fichas e logo xa se tal valoramos se ten oco ou non. É que por menos de dous kilos non se trata dunha oportunidade de mercado, trátase dunha fichaxe a facer e logo xa vemos como encaixamos o resto de pezas. Bendito problema