Nada que ver con Jonny.El levou hostias porque durante a súa última tempada aquí tivera unhas desconexións brutais e tamén algún partido excelso coma o de Ipurúa. Pero fora determinante en ataque.
Galán, como dixo siareiro, para min é máis efectista ca efectivo (tampouco é que se lle pida que vaia a asistencia por partido).E sinto discrepar con Baraka, pero para min nin centra ben en carreira nin en estático.
Certo é que ao ter unhas ás no medio do campo inoperantes no ofensivo, esa carencia nos laterais faise moito máis notoria.
Con todo, creo que ao proxectarse tanto en ataque, atrae a atención das defensas rivais, o que é fabuloso para os nosos dianteiros.
Enviado desde mi iPad utilizando Tapatalk