Murillo é boísimo, pero, coma todos, ten as suas virtudes e os seus defectos. E o maior defecto de Murillo é que sufre moitísimo con defensas adiantadas e sen axudas. E é xustamente así como xoga o Celta con Coudet.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk
Tal cual, en cada Inside destos novos vese que liderazgo teno, pásase todo o camiño á saída animando aos compañeiros, pero hai que saber por qué está a tan baixo nivel agora, e por qué o fixo tan ben con Óscar.
E a resposta é ben simple, porque defendendo na área é imperial, pero na defensa adiantada cóstalle tanto ou mais que a outros como Araujo, que xa é falar. Cóstalle correr atrás, defender, manter a posición e chocar cos dianteiros rivales moito mais, e é normal, a calquer central lle costa menos dentro da área e moito mais con metros á espalda, precisamente por iso é que costa tanto encontrar un central que realmente dé o nivel no Celta, que sempre intenta propoñer un xogo ofensivo.
Pero iso xa é cousa da directiva e de que atopen ao central indicado, o cal é moi difícil poque ese tipo de centrales que tamén destacan en defensa adiantada son tamén os mais cotizados, así que ou se aposta por un que aínda non destacou ao máximo nivel (como foi Aidoo), ou está complicado.