Non é unha mala interpretación, é sacalas declaracións de contexto.
Si que deixa claro que quere ir a un club mellor, e coido que podía ter sido máis listo, pero non é tanto como di ese twit (ou a nova do Faro).
Pregúntanlle directamente se agora que está a facer un bo ano é o momento de saír e el di que non se rompe a cabeza. Primeiro ten que manter este nivel para que haia boas ofertas e despois xa se verá. Espera que os seus números chamen a atención porque quere dar un salto, pero aínda non lle chegou nada e está centrado no Celta.
Sobre o de xogar nun clube mellor, está a falar do seu potencial. Que quere ir a un clube de máis nivel para demostrar que pode dar máis de si (entendo que porque terá máis e mellores oportunidades de marcar).
Na mesma nova falan con Solbakken, o seleccionador, e di que non se deixe levar por cantos de serea e que non infravalore estar asentado no Celta. Que é un clube de media tabla na liga e que ten potencial para máis (cunha ristra de datos para apoiala súa opinión, por cierto).