E igual por ser nórdico lle tira xogar na Premier, pero teño dúbidas de que fose capaz de adaptarse ao fútbol correcalles desa competición.
Precisamente é nos contragolpes onde non vexo nada fino a Larsen... e as veces que conseguiu gañar a espalda aos defensas logo lle vimos fallar situacions claras de man a man con porteiro, ou ben outras veces se durme e o defensa chega por detrás e lle quita o balón... tamén noto que lle desequilibran fácilmente so con que un defensa lle encime e lle cargue o corpo lixeiramente, ou sexa é un tipo grande pero non ten o nervio para terminar de impoñerse no corpo a corpo aos defensas.... estou falando do que o teño visto como xogador do Celta nestes dous anos....
Como mellor rinde é xogando a fútbol combinativo e madurando xogadas con tranquilidade, pero para xogar ao que pide a Premier como digo lle vexo moi verde aún... e iso que é forte e corpulento, pero non termina de sacarlle partido a ese físico, en contraste logo técnicamente é mellor do que un espera nun tipo tan alto e grandullón como él...
Pero na Premier o físico, xogar a toda velocidade e definir ben cara a portería é o que manda... repito para ese estilo non o vexo preparado, pero él sabrá...