Eu dou por feito que vai xogar, como mínimo, os últimos 20 minutos ou media hora de tódolos partidos, Cádiz incluido. A partir de ahí, creo que a súa importancia vai depender en maior ou menor medida de: 1) a súa disciplina na presión; e 2) as solucións que aporte. Por falar con exemplos da vida real para explicar este último punto, con Paciencia temos unha referencia clara para o balón longo, un atacante que obliga a defensa rival a estar pendente e máis recursos na área. Con Carles - Aspas, sen embargo, vin moita máis movilidade arriba, con moita combinación e xogadores moi rápidos.
Eu tamén opino que cunha referencia arriba nos vai mellor, sobretodo porque Aspas ten máis liberdade, pero tamén podo entender que Carles-Aspas sea a opción preferida agora, neste momento, no que Larsen aínda nin coñece ao equipo. Ademáis, as defensas de Holanda non son as defensas de España, aquí non lle van a dar un metro para controlar.