Milosevic era moi bo, os fundamentos do 9 clásico coñecíaos mellor que ninguén, pero aquí xa chegou madurito madurito, lonxe do seu mellor nivel e aínda así rendeu ben en moitos partidos.
Baiano era outro roio, tiña clase o animal para aburrir e por momentos para desesperar. Que xogador! Caeu en gracia ao principio
por estar fichado polo Dépor e acabar aquí nunha das últimas xogadas do Galicia corrupta ppera-futbolera da dupla Horacio-Lendoiro.
Mido tivo 9 partidos de fantasía nos que parecía o mellor dianteiro en décadas do Celta. O seu debut non se me olvidará na vida, pensei que ficharamos a Ronaldo o fenómeno. A pena é que pouco durou e de cabeciña non ía moi ben, a saber que pasaría.
Veremos se Larsen se acerca en rendemento co paso do tempo a algún destes xigantes, eu coido que pode superalos. Esperábamo bastante máis torpón e peor no xogo combinativo pero son das súas maiores cualidades.