Seferovic, Sorloth, Isak, De Jong, Luís Suárez ou o mesmo Mina na súa volta aquí, custoulles un mundo na súa primeira tempada na liga alcanzar uns 7-9 goles. Os 4 primeiros xogaban/xogan en equipos que non pasaron penurias e os outros 2 xa tiñan varios anos de experiencia no país.
Lembremos que Larsen chegou ca liga comezada, coincidindo cun primeiro terzo de competición lamentable pola nosa parte na que foi do pouco salvable a nivel individual. Agora que xogamos coma un equipo, cun dianteiro con experiencia que gañou a titularidade merecidamente, estase vendo superado pola situación e coma ben decides, está intentando facer máis do que debe para revertir esta situación. Pola miña parte estou moi tranquilo con él, tanto por actitude coma por aptitudes, o malo é que aquí temos moi recente o unicornio branco que foi Maxi Gómez (que xa vedes o que foi del) e deses salen 1 cada 20 anos.