A min tamén me parece que hai precipitación, tanto para ben como para mal con Campos. Para ben, polo hype do seu historial e para mal,aínda que non creo que sexa o caso de @JJC, pola viuvas de Coudet.
Dito isto, non vexo ben a condescendencia con outras ligas. Máxime cando a Ligue 1 non será a mellor do mundo, pero tampouco é un campionato de solteiros contra casados.
Seguro que máis de dous e tres equipos franceses nos sodomizaban...
Iso non quita que estea inquedo pola gran aposta que supón Larsen. Porque, aínda que lle vexo grandes condicións, existen moitos factores cruzados e complexos que inflúen no rendemento dunha fichaxe. Coa alongada sombra de homes sobrepagados dos últimos anos...
Enviado desde mi iPhone utilizando Tapatalk