E logo tamén sinalar que este Celta é un equipo que deixa moi esposta á súa defensa.
Hoxe en día non aguantamos a posesión do balón. Vexo moitas pérdidas de balón, moitas imprecisions.
Cando máis tempo teñas o balón no te poder, menos tempo lle concedes ao rival para atacarte. E ao revés, canto menos o teñamos, máis o tera o rival, é dicir, máis tempo para pensar co balón nos pes e hurdir xogadas de ataque contra nos.
Existen equipos que entregan a posesión ao rival, pero son equipos rocosos e ben traballados defensivamente.
Pois ben, nós tampouco estamos nesta categoría.
Agora mesmo, nin defendemos coa posesión do balón e tampouco sabemos defender sin él.
Hai xogadores coma Denis ou Brais, que co balón nos pes están cometendo pérdidas ou imprecisions, e logo ainda por riba tampouco nos son útiles á hora de defender e facer bloque.
Un xogador que non é productivo en ataque, que lle queima o balón nos pes e falla pases aparentemente fáciles, e a maiores non defender ben... pois é un xogador que lastra ao seu equipo, colo xogar con un menos.
Igual deberíamos quitar a algún figurin dos que temos arriba e no seu lugar meter a Okay para que xogue xunto a Tapia nun doble pivote defensivo e así gañar maior rocosidad atrás.
Porque neste equipo so defenden os zagueiros e Tapia, nada máis. O resto non defenden.
A Iago llo perdoo porque bastante ten con intentar crear perigo en ataque e non lle vamos a facer cargar con tareas extras.
Pero xente como Denis, Brais, Cervi, Nolito.... xente que arriba non están sendo productivos, e que en defensa tampouco son de axuda.... pois cómo digo, haberia qué quitar a un deses e poñer no seu lugar a Okay-Tapia.
Porque este equipo de figurines actual non se sosten por ningún lado, sinceramente.
E Renato necesita alguen que lle axude en tareas defensivas, e ademáis leva tamén moitos minutos coa súa selección e un desgaste extra importante.
Necesitamos a Okay-Tapia para facer de barreira e que non nos cheguen tan fácil a portería.
E para iso eu son partidario de cargarme a Brais ou Cervi, que agora mesmo son os máis improductivos neste equipo.