Breo, creo que te estás indo moito polas ramas.
A min escámame que un xogador de fútbol, porque iso é o que é, xogador de fútbol, queira quedar cando é a 5-7 opción para un posto, detrás de Mingueza, Carreira, Manquillo, Hugo Álvarez e seguramente Javi Rodríguez e algún máis do filial (e porque xa saiu cedido rueda que tamén estaba por díante). É que Claudio lle está diciendo que practicamente pon a xogar a Guaita de lateral antes que a él.
Creo que hai que ter un pouquiño de amor propio. No seu dereito está, que como traballador, ten todo o dereito a que se lle respete o contrato, pero fala dun nivel de conformismo e de autocomplacencia ENORME quedarte cando non vas pisar unha convocatoria nin lesionándose 4 nese posto, que non son capaz de entender. Cando non vas perder cartos, porque se o club o fixo con Paciencia, contigo o faría aínda máis, pois aínda o entendo menos.
O rapaz pode estar moi apegado a Vigo e ser moi celtista, iso valóroo moito e valoreino todos estes anos que sempre o defendín por ser un exemplo fóra do campo e cumplidor nel(menos esta pasada campaña), pero eres xogador de fútbol. Se non queres irte a xogar a Australia ou Grecia porque queres estar preto da túa casa, podes irte a segunda. Se tampouco queres irte a Asturias, Cantabria ou andalucía, pois terás que retirarte, porque o contrato se che acaba igual nun ano e tes 31 anos.