Vou a volver a dicilo:
Estame gustando Dituro. Repito: estame gustando Dituro.
Gústavos Oblak? Fichemos a Oblak! Se o ficháramos, poderíamos criticar a fichaxe por innecesaria? Si, verdade? Pois, para min, o mesmo aplica a Dituro. Paréceme innecesaria a súa fichaxe.
Pero analiso as últimas mensaxes:
Cal foi o último penalti que lle tiraron ao Celta antes da fichaxe de Dituro? Se non lembro mal, foi parado por Iván Villar, non?
Se somos os máis goleados e Dituro é o porteiro con máis paradas da Liga, podemos dicir que é un porteiro reactivo pero non proactivo? Que non se anticipa á xogada para cortala antes de que sexa unha ocasión rival?
Ou poderemos dicir que non organiza e corrixe á defensa?
De Sergio no seu día lin que non podía ser casualidade que cando el xogaba o Celta marcaba menos goles a favor. Pareceume unha sobrada, pero foi unha opinión que tivo certo apoio entre a comunidade foreril celeste. É curioso que a teoría de que cando xoga Dituro o Celta leve máis goles en contra porque o porteiro igual ten algunha responsabilidade no asunto, non é unha teoría con moitos apoios. Pois será que temos unha defensa peor que antes. Pero despois analisas e a parella Murillo-Araújo xa leva uns anos, Mallo está mellor ca en anos anteriores, e Galán é o mellor lateral esquerdo que temos dende Jonny. Temos un pivote defensivo que é un crack mundial e ao xogo colectivo non pode ser debido porque o adestrador é deus. Digo eu que os 10 goles en contra deben ser culpa de Aidoo, Carlos, Fontán, Kevin, Denís e Brais.