Estou dacordo de que foi un pilar, pero a cantinela de que se lle tratou inxustamente que parece instaurada non é real. O Tucu chegou por petición directa do adestrador, con quen era titular indiscutible a pesar do seu pésimo nivel nese momento. E digo terrible: sempre tirado polo chan, ralentizando tódalas xogadas por buscar faltas cando non tocaba e dando sempre varios toques de máis, incapaz de combinar en tres cuartos con rapidez. Despois si, retrasou a súa posición e se convertiu no Tucu que recordamos e añoramos, pero non creo que se poida dicir que se lle tratara inxustamente. Cando non daba o nivel era o centro das críticas merecidamente, porque era o enchufado do adestrador, e cando mellorou se lle recoñeceu.
Hai moitos outros xogadores aos que si, cando lles caeu a vitola a xente xa non se moveu de ahí e os seguiron criticando aínda sen motivo, pero o Tucu non era un deles.
Falo a nivel xeral, sempre hai algún ao que lle gusta ir en contra da opinión maioritaria.