A min deixar a un xogador sen xogar para non chegar a un mínimo de partidos non me parece ningunha treta. As reglas están claras e tomas as decisións que tocan. Aquí o problema sería se, estando esas reglas claras, agora ven un charlatán a embarrala situación, discutindo se o "número de partidos" se mide en partidos ou en minutos. Esa si que é unha treta bastante sucia e, dende o meu punto de vista, denunciable.
¿As condicións estaban claras e agora o Getafe está cambiando as reglas para sacar beneficio? Entón son uns trileros cos que é mellor non negociar máis e aos que habería que denunciar.
¿Que as condicións estaban claras pero non se firmaron, senón que foi un acordo verbal? Entón en casa Celta son uns pardillos por fiarse da palabra de ninguén con tanta pasta polo medio.
¿Que as condicións estaban claras, firmadas, e son como di o Getafe? Entón o negocio é ruinoso e alguén debería responsabilizarse.
Aquí a única verdade é o que di o contrato. Se no Celta cren que teñen razón que denuncien, se non que apanden e aprendan para a próxima.
Por certo, defenderei o dereito de Okay para desfrutalo do contrato firmado aínda que signifique que o Celta non teña tanta liberdade como desexaría, pero se quere xogar ao fútbl igual debería replantexarse as súas expectativas. Os únicos equipos que o quixeron fichar en tres anos foron un segunda inglesa e varios clubes turcos, e na liga hai dous equipos pelexándose para que o leve o outro.