Esa prepotencia e chulería non é boa conselleira en Vigo Rafa. As leccións ao celtismo tampouco.
Somos un pobo e unha afección humilde Rafa, de puros currelitas. De agredidos.
Estamos afeitos a sufrir, cando peor están as cousas, nas peores crises do club e de Galicia é cando máis respondemos. Sen que nos chamen e reclamen, cando o club ou a Xunta nos deixa tirados sacamos nos as castañas do lume. No prestige, nos incendios, no accidente dos tren, nos pallets, na crise dos avais ou nos posibles descensos. Somos nós sempre nós. Ninguén máis.
Que lle baixe 2 tonitos recoméndalle, porque non somos tontitos, nós entendemos as cousas perfectamente. Quen non o entende igual é el. Que a él o club botarao ou non, pero quen te vai mandar ao estercoleiro da historia dun club centenario non é Marian nin Garcés, somos nós.
Terás 59 títulos, pero nin a suela dos zapatos lle chegas ao celtismo, aos galegos, ao Celta.