Eusebio merece unha estatua , dito isto , o fútbol de aquel equipo era moi moi plano precisamente por que a idea de Eusebio era a de dominar co balón e o toque nunha categoría con fútbol de trincheira e lameiro , que facía que sobásemos o balón sen máis obxetivo que volver sobalo , eu lembro tragar partidos en Balaídos , por certo sen ningún asubío , nos que o balón ía dun lado a outro sen que pasase nada en setenta minutos , moi parecido o que vimos logo con Unzue , e curiosamente , houbo partidos a cuchilo nos dentes como un que empatamos co Hércules na sua casa que eles pelexaban ascender , con Mandiá de adestrador , no que fumos a un par de postos do descenso , e no que Farinos errou un penal , que demostraba que aquel equipo non estaba preparado para ser dominante pero si que daba a cara no corpo a corpo e no intercambio de golpes a pesar da súa xuventude , ou o millor precisamente por iso , e iso na miña opinión foi o que condenou a Eusebio i encumbrou a Herrera , Eusebio pensaba no toque a toda costa i Herrera en saír rápido e a facer dano con Trashorras lanzando a o equipo e tocando a rebato .
Dito isto , os dous deberían estar no primeiro chanzo do podium do celtismo sen ningunha dúbida .