Lin por aí que, coa destitución súbita, sucedeu o que moitos querían e agardaban. Penso que, polo menos neste foro, poucos querían isto. Tendo por asumido que máis aló de que as cousas podían ter sido moito mellores este año de sair cara algunha vez a principios de Liga, si que se chegou a un punto de non retorno co de Copa e a puntilla en Cádiz, era cronica de unha destitución anunciada, destitución que nunca é motivo de alegría, inda que poucos xa quixesen mais "Rafismo" que ata final de tempada e a ilusión que poida provocar a subida de Claudio.
Ao final é a consumación de outro fracaso (cantos van xa?) e súmase a serie de desastres destes anos co colofón do Centenario. Non deixa de ser un celtista mais que se marcha, un que deixas polo camiño en pos de acadar o obxectivo. Se melloramos, o fin xistificará os medios, pero habería que ser ruin para alegrarse disto, tanto pola persoa como polo ben do clube.
Eu tamén me uno a idea de que demostrou certa caducidade nas súas ideas ou métodos, pero xa é pasado, que lle vaia ben e, sobre todo, que nos vaia ben a nós co troco, que sirva para por fin ter estabilidade e un proxecto con futuro.
Ata sempre Rafa!