O problema e mais que pagamos croques a precio de cigala de Marín . A ver , os adestradores de prestixio hai que pagalos , iso sabémolo todos , pero unha cousa e pagalos e outra tragar con todo , non podes non ter unha clausula que penalice x partidos en descenso , ou por debaixo do posto trece por exemplo , non pode ser todo win win para un dos que firma , ten que haber uns minimos que en casa Celta non se aseguraron de ter amarrados .
Escoitei nun par de podcast o dos cinco millóns , por que pensaba que o enlace do tweet que colgara antes Dagova era unha exaxeración , pois non o e , xa que ademais dixeron que aínda que baixásemos cobra íntegros OS TRES ANOS en caso de cese , e senon o despedíamos por descenso quedaría en segunda COBRANDO O MESMO . O único momento no que se renegociaba por parte do Celta era a partir do segundo ano que había opción de cortar sen coste , pero que si se rachaba antes do segundo de maneira unilateral polo Celta non eran dous mais un , senón tres . O señor Benitez marcha cobrando os tres integros mais a prima de cinco millóns , con esta xogada as contas do Celta quedan tiritando . Tragaron con todas e cada unha das condicións que lles impuxeron sen ningunha saida para que non fose un auténtico quebranto económico mentres a Giraldez lle asinaron por dez partidos e cobrando supoño que mais que aghora pero moi pouco comparado cun adestrador de primeira .
Da pasta ingresada por Veiga entre este señor e o portugués astillaron mais de vinte millóns de pavos , menuda festa para o repre de Benitez e para el , como para non estar feliz en Vigo