Coa túa valoración estou dacordo. Os resultados negativos cando intentou ser valiente foron unha losa demasiado pesada. Eu é que non teño unha opinión tan negativa de Benítez como a maioría. Si, os últimos meses me parecen inaceptables, sen discusión, pero o balance no 2023 é máis ou menos positivo. Estou dacordo con Mingueza cando di que os resultados negativos son os que nos van empurrando cara atrás e penso que, de non perder tantos puntos inmerecidos, igual agora estabamos a falar de outra cousa. De feito para min o peor desta etapa non foi futbolístico, senón as roldas de prensa que nos regalaba.
Con todo, chegados a este punto o único que queda é xustificalo cese e, se Benítez quere volver a adestrar a certo nivel, ten que vender que non foi culpa súa. A planificación do mercado non foi axeitada, un mediocentro de nivel era imprescindible, o nivel da plantilla é limitado, non teñen conceptos básicos, os árbitros son malísimos, e tivemos mala sorte. Son todas razóns coas que eu podería estar dacordo, según o partido, pero que poden quedar en papel mollado se a Claudio se lle da por facelo máis ou menos ben. É un proxecto a tres anos, si, pero se no primeiro non se ve a base sobre a que pretendes construir non vale de nada.
O meu comentario era unha reflexión específicamente sobre isto, o relato, e medio ligado ao comentario de Piñeiro: "no tengais duda de que lo que va decir en cuanto de una entrevista es que en el tema de planificación deportiva no se le concedió ni un tercio de lo que pidió y de que en concreto lo del pivote él lo avisó desde el minuto 1 de firmar."