Non creo nin que sexa mal adestrador, nin que estea desfasado/ anticuado. Non se chega a lenda do fútbol sendo mal adestrador, nin sendo un vago nin nada polo estilo. E o seu estilo non está desfasado. De feito, non dista moito do de Ancelotti, Marcelino ou Bordalás: equipos sólidos (de formas moi diferentes, iso si) e que saen á contra ou que se plantan en área rival con poucos toques e rápidos.
Benítez sabía a onde viña e intentou adaptarse ás características da maioría do plantel do Celta. Por mor do paso de adestradores moi distintos, hai xogadores en plantel válidos tamén para estilos distintos e incompatibles entre sí, pero a maioría do plantel está pensado para xogar máis adiantados e non a defender en bloque baixo.
Qúe fixo Benítez? Intentar xogar ao que o Celta lle pedía (non é a súa forma favorita) pero cos xogadores que a el máis lle gustan, que, obviamente, son aqueles máis preparados para defender en bloque baixo e saír á contra rápido. Por iso non contaba, por exemplo, con Aidoo e si con Starfelt. E por iso Aspas lle molestaba bastante en plantel.
E ainda así puido sacar bos resultados. Non foi posible porque houbo fallos individuais graves e tamén unha recua de decisións arbitrais moi perxudiciais para o Celta.
Despois dos malos resultados cambia de rumbo e aposta por aquelo que coñece: defender en bloque baixo. Pero claro, cun plantel que non está feito para iso e con Aspas (é intocable) que non está para botar carreiras longas detrás dun balonazo e pretender que chegue á meta rival con perigo. Así que os resultados siguen sin chegar.
E ahí obcécase. Porque nin lle funcionou o fútbol que o Celta pedía nin lle funcionou o fútbol que sempre lle funcionou na súa carreira.
Pero creo, sinceramente, e eu non son un defensor de Benítez precisamente, que hai un bo puñado de xogadores do plantel que aprenderon a competir noutras circunstancias. E iso tamén é importante. Ao longo dun partido, xa non digo dunha liga, hai moitas veces que o rival non che deixa facer o fútbol que queres. O Celta, neses casos, non sabía xogar a outra cousa. Con Benítez non sacarían bos resultados, pero creo que agora saben apretar o cú algo máis cando veñen mal dadas.
Ademáis, doulle confianza e minutos aos Hugos, a Williot, mellorou a efectividade de cara ao gol de Larssen e ata creo que Carlos D. mellorou moito defensivamente baixo a súa dirección.
A min, dos últimos anos, o único que me pareceu un adestrador pésimo foi Mohamed. Do resto, todos tiñan algo mellorable e algo que fixo mellorar ao Celta.