Partindo da base de que está sendo o mellor do equipo con moita diferencia no último mes, sería de necios negalo, sorpréndeme o estado de coma inducido (é unha broma non mo tomodes a mal) onde estivéchedes os que falades de renovación.
Obviando que tácticamente é un auténtico desastre na posición máis clave do 11, o que consegue subsanar nos seus picos de forma (ou cando lle apetece xogar, xa segundo o que opine cada quen), cunha intensidad e físico privilexiados, leva dous ano paseándose. Con algunhas actitudes que chegan a falta de respeto cos siareiros e o club.
Un xogador moito máis efectista que efectivo, que resulta moi resultón cando está ben pero que deixa uns espacios as súas costas terribles. Un xogador moi para Berizzo e o seu estilo de marcaxe ao home a todo o campo por certo. O adestrador ideal para él. Erro compartido no pasado con Aidoo e que este si corrixiu e mellorou nunha gran parte.
A este nivel sería un xogador importante para certos adestradores ou para un equipo que loite por non baixar? Sen dúbida, pero a min non me vale. Espero en verán unha reestructuración completa no medio campo en primeira ou segunda. Falta fai xa.
Damián e Sotelo teñen que adquirir importancia e peso, a espera do que poida dar de si Dotor. Beltrán, Luca e Tapia fóra e fichar a un par de xogadores de garantías.