Eu Olívico é que ao contrario, creo que a chegada de Claudio coa conseguinte melloría do equipo, non nos ten que nublar a vista do que era un clamor bastante popular no celtismo fai só un par de meses.
Agora estamos en efervescencia e parece que nos valen todos xa para o ano cando a todas luces o mediocampo debería ser ao meu modo de ver a posición onde máis movementos haxa de entrada-saída.
No resto de posicións si que as fichaxes e retoques da plantilla irán máis en función de a calidade das saídas non "tan" forzadas como os Bamba, Larsen, Starfelt, Carles, Unai (esta última para min debería ser clara pero parece que non é o caso e co tandem Carles-Claudio teño sensacións encontradas). E as que para min deberían ser cantadísimas en forma de cesión ou venta definitiva segundo o caso de Paciencia, Baeza, Ristic, Cervi, Lobete e Lautaro. Por último quedaría Kevin que iría máis en función de se acepta ser unha especie de prolongación do club no equipo, con presencia bastante testimonial no campo.
Dos cedidos só a Carreira e Fontán lles vexo posibilidades de facerse un oco no equipo.
Pero a chicha está no medio campo. Onde hai que dar unha subida de nivel e onde para min as únicas plazas fixas serían para Sotelo e Damián. A partir de aí entre os Tapia, Dotor, Beltrán, Luca e Jailson eu só me quedaría con 1 ou máximo 2. Luca por polivalencia e como moito 1 máis. Pero para min sería a posición que máis habería que vender. Se damos revalorizado a algúns destes xogadores para que exista a posibilidade de saída eu non o dubidaría.