Sen lesións e con continuidade Rubén xa demostrou de sobra ser un porteiro de nivel medio-alto para primeira, con algunha tempada espectacular polo camiño.
A ese nivel non imos atopar un porteiro do seu nivel por 4 millóns nin de broma. O problema e as miñas dúbidas veñen precisamente por iso, as malditas lesións...
Marchesín debe ir fóra si ou si (moitos anos e un salario alto para o seu rendemento pobrísimo aquí, con lesión jodida polo camiño)
Iván cumpliu de sobrísima e superou por moito a Marche, pero ségueme parecendo peor que un Rubén con continuidade.
Ante ese panorama hai dúas opcións, dupla Rubén- Iván e que se gañen o posto en pretempada ou sacar esa pasta por Rubén e acudir ao mercado a subir realmente o nivel da portería (Para gastar os cartos nun parecido ou peor como temo que pasaría quedo con Rubén).
É o posto que menos me preocupa do plantel despois da defensa, pero evidentemente pódese mellorar.