Santi é o que é, un dianteiro normalillo que vai por rachas, fai pouco vivimos unha boa racha, e agora parece que non está no mellor momento.
Pero de non ser polos seus goles agora mesmo seguramente estaríamos en descenso ou moi cerca.
É un dos que tira do carro cando Iago non aparece.
Tamén onte non lle chegaron balóns en condicións para rematar, porque o noso mediocampo non estivo moi inspirado e non logramos chegar ata o área rival, e Santi lonxe da portería rival ten un xogo moi limitado técnicamente. Iso sí, entrega nunca lle falta, sempre o da todo no campo.