Por certo, cando fichamos a éste xa estaba denunciado por estes feitos, certo?
O club xa coñecía todo o tema da denuncia e tal e ainda así decide meterse en semellante marrón?
Non había no mercado outros dianteiros que fichar, temos que fichar a un que estaba acusado de violar a unha rapaza...
Vaia metedura de pata...
A ver como xestiona o club este tema, eu non o despediria ata que saia unha sentencia en firme, pero iso igual pode levar o seu tempo, non sei.
Se este caso se demora no tempo, teremos que mantelo no plantel, é o xusto. Pero o sanbenito de violador xa o vai a arrastrar si ou si, e de nosotros dirán que somos un clube que mantén nas súas filas a un violador.... moita xente está radicalizada con estos temas, e para eles Santi xa é un violador de facto ainda que a xustiza non se haia pronunciado ao respecto.
E isto de Santi coa rapaza ata a semana pasada so o sabían 4 gatos, agora o sabe toda España co tremendo bombo que lle ha dado a prensa esta semana, en especial a deportiva.
Agora todos van falar de Mina, e do Celta por telo nas súas filas, se a xustiza tarda en pronunciarse temos que esperar e que siga xogando con nós como un máis, pero isto vai afectar si ou si á imaxe de xogador e do Celta.
Como digo, que imprudente Mourinho de haber fichado a este tío no seu momento, arrastrando semellante problema.