Eu, como abstemio que na miña xuventude aguantaba as borracheiras de toda a pandilla, dígovos que estar baixo os efluvios etílicos só aumenta e esaxera as características da nosa personalidade real. Así que pena ningunha. Xa no seu día se comentaba no foro antigo que lle andaba a tirar billetes ás rapazas para mirar para elas mentras se agachaban.
Agora ben, a condea non é para que pague polos seus actos. Esa sería unha pena vingativa, e no Reino de España as penas son buscando a reinserción da persoa condenada. Eu non considero que Mina sexa unha persoa que necesita reinserción, creo que na actualidade é capaz de vivir en sociedade mesmo sendo un cidadán exemplar de aquí en diante.
Dito esto, a súa carreira profesional non só como futbolista senón como figura pública debería rematar, non só no Celta, senón en xeral, porque non pode ser un modelo ético a seguir. E se non ten pasta abondo, que traballe coma calquera obreiro aportándolle algo a esa sociedade na que vive.