A Mina o Celta sobrepagouno. Pero, se aceptamos iso, tamén temos que aceptar que a Maxi o Celta vendeuno por riba do seu prezo. Se por Mina se pagaron 15 millóns, entón a Maxi vendémolo en 31 millóns. Se o Betis pagou 28 millóns por un xogador que meteu 20 goles en primeira a temporada anterior, entón Maxi non valía os 31 millóns.
O que non se pode é dicir que se sobrepagou por Mina e se vendeu a Maxi barato. Porque Maxi non é o doble de bo ca Mina. Nin no rendemento no Celta cada un deles nin no rendemento en cadanseu equipo na mesma temporada.
Edito: E digo isto tendo en conta que Mina é un estilo de dianteiro que non me gusta demasiado. Ainda que cada vez ten máis cousas, máis virtudes, que a do dianteiro torpón que só rinde en carreira, con espazo por diante e correndo ao espazo, sen ter que conducir o balón.