Eu manteño a mesma opinión dende o principio de liga: ten calidade e boa capacidade de asociación, pero non é dianteiro.
Independentemente de que como revulsivo non funcione, coma titular tampouco é que tivese moitas oportunidades de demostrar nada. Dous dos partidos que xogou coma titular foron contra Mallorca e Alavés, que están ahí abaixo. Que o fixo ben? si, pero os rivais eran os que eran.
Está moi lonxe de ser o paquete que as veces parece que se leu por aquí, porque está claro que sabe de que vai isto, pero tampouco se gañou xogar tódolos minutos que xogou. Espero que marque algún goliño máis de aquí ao final, sobretodo para que se vaia cun bo sabor de boca, pero gracias e boa sorte.