A min hoxe me gustou.
Polo menos remata sen titubear cada vez que ten ocasión, o problema é que ten que afinar un pouco máis, pero vexo un xogador con boa actitude, peleón é un pouco tocapelotas para os rivais, cosa que non está mal. E logo o típico detalle de crack que nos deixa todolos partidos (que se o fan Messi ou Vinicius nos dan a tabarra un mes enteiro, pero como é Galhardo pasa inadvertido). Co balón nos pes é mellor do que pensaba, e cada vez que xoga así o demostra.
Non me parece mal xogador para entrar en segundas partes, pero non está para quitarlle o posto a Mina (quen ten máis gol ca él).
Como digo, doulle aprobado para él hoxe.
Espero que vaia a máis conforme avance a temporada e empece a marcar goles ainda que sexa de vez en cando. Pero como digo eu o vexo en progresión ascendente.