Penso que non hai fío para a Premier League, non? Pois iso creo. Se estou trabucado, que algún moderador borre ou redirixa o fío, se pode ser.
Entón, estades a mirar o tema do City? Manda carallo na Habana, a Premier pretende, ao meu entender para ben, controlar o desmán dos equipos controlados por estados, pero fai unhas normas de chafallada que meten medo. Resulta que non se lle permite aos equipos firmar contratos de patrocinio con valores fóra de mercado, que teñen que ser aprobados previamente pola Premier, e en moitos casos non o son, pero logo resulta que si que se permiten préstamos sen intereses dos donos. Non sei como vai acabar todo o tema, pero canto máis leo ao respecto, menos claro teño o tema do City. Todo me parece unha chambonada de carallo.
Por sorte, para o ano, os pagamentos aos xogadores van depender directamente dos ingresos, polo que se arranxa un pouco o asunto.