📌 Fútbol internacional

Ligue 1

Celestino · 14/08/2025 07:22 · #msg222
Abrimos este fío para seguir todo o que vaia pasando na liga francesa esta tempada. Resultados, clasificación, fichaxes, polémicas… todo aquí.
Celestino · 14/08/2025 07:26 · #msg223

No Paris Saint-Germain o arranque da tempada está cheo de polémica e non só polo caso Donnarumma. Baixo a dirección deportiva de Luis Campos, semella que se recupera un vello costume: xogador que non quere renovar, xogador que acaba na grada.

O caso do gardameta italiano é o máis mediático, pero hai máis futbolistas no punto de mira por cuestións contractuais. O método é claro: quen non asina, non xoga, unha estratexia que lembra á man dura que noutros tempos se viu noutros clubs, e que xa esperta críticas na prensa francesa.

Co mercado aínda aberto e a presión mediática medrando, o PSG afronta un inicio de Ligue 1 no que as historias de despachos están a roubar protagonismo ao que pasa no campo.

Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0