Aínda que tedes razón no de que o boicot a Qatar debería ser global e non focalizalo só no mundial de fútbol, tamén é certo que a repercusión dun Mundial é superior á F1,porque é cada catro anos e ten máis seguidores. Ademais, como no demais non fan nada,nós tampouco? ...
Eu síntoo, pero paréceme poñerse "de lado" (conste que eu tamén o fago con mil cuestións aberrantes por pura inercia, así que non estou eu para darlle leccións de moral a ninguén), porque para min a política non se pode desligar do resto das facetas da vida, porque refírese á xestión e organización colectiva e só un eremita escapa a iso.
Non será casualidade que en orixe, a politeia, ou a arte de vivir en sociedade, está intimamente vencellada ao concepto de paideia, é dicir á educación