Premier League - Fútbol Internacional - Foro Del Celta
Sábado, 23 - 21:00:00⭐ Seguimiento especialOfrecido por: Partidostv.com
La Liga EA Sports
Televisado por: DAZN LaLiga , DAZN , MAX, LaLiga TV Bar | Estadio de Balaídos

Premier League

  • 4 Respuestas
  • 157 Vistas

0 Usuarios y 1 Visitante están viendo este tema.

* martin
  • *****
  • 1253
* martin
Premier League
« en: Octubre 09, 2024, 12:49:55 »
Penso que non hai fío para a Premier League, non? Pois iso creo. Se estou trabucado, que algún moderador borre ou redirixa o fío, se pode ser.

Entón, estades a mirar o tema do City? Manda carallo na Habana, a Premier pretende, ao meu entender para ben, controlar o desmán dos equipos controlados por estados, pero fai unhas normas de chafallada que meten medo. Resulta que non se lle permite aos equipos firmar contratos de patrocinio con valores fóra de mercado, que teñen que ser aprobados previamente pola Premier, e en moitos casos non o son, pero logo resulta que si que se permiten préstamos sen intereses dos donos. Non sei como vai acabar todo o tema, pero canto máis leo ao respecto, menos claro teño o tema do City. Todo me parece unha chambonada de carallo.

Por sorte, para o ano, os pagamentos aos xogadores van depender directamente dos ingresos, polo que se arranxa un pouco o asunto.
« Última modificación: Octubre 09, 2024, 22:57:13 por Puxeiros »

* Pi_elNumero
Re: Premier
« Respuesta #1 en: Octubre 09, 2024, 12:55:56 »
O outro día lin que agora van cambiala norma para que os préstamos dos donos teñan os mesmos intereses que calqueira outro, metendo a tódolos clubes nun aguxero de perdas tremendo. Non sei se era o Arsenal que pasaría a ter máis de 200 millóns en perdas.

Non lembro nin onde o lin nin a credibilidade que terá, así que cólleo con pinzas.

* martin
  • *****
  • 1253
* martin
Re: Premier
« Respuesta #2 en: Octubre 09, 2024, 15:45:54 »
O outro día lin que agora van cambiala norma para que os préstamos dos donos teñan os mesmos intereses que calqueira outro, metendo a tódolos clubes nun aguxero de perdas tremendo. Non sei se era o Arsenal que pasaría a ter máis de 200 millóns en perdas.

Non lembro nin onde o lin nin a credibilidade que terá, así que cólleo con pinzas.
Sobre isto falaban en varios artigos. Esa norma non é retroactiva, porque de selo, efectivamente, bastantes equipos estarían en risco real de quebra.

* celtic_gz
Re: Premier
« Respuesta #3 en: Octubre 09, 2024, 22:43:17 »
eiquí os tononos do mundíllo facémo-lo o revés...os donos chuchan da teta á xuro "de amigo"

* Hjulsvarna
Re: Premier
« Respuesta #4 en: Octubre 09, 2024, 22:52:40 »
Pero podíais ser un poco más extensos en los títulos: “Premier League” o “Seguimiento de la Premier League” por aquello de que sean más fáciles de encontrar si se pierden. 

 

* Al realizar compras a través de estos enlaces, estás ayudando a financiar el foro. ¡Gracias por tu apoyo!