Seguindo co fío do St. Pauli, que mal. O equipo perdeu gran parte da súa identidade ideolóxica este ano, e moitas das súas peñas internacionais veñen de se desfacer. Razón? O apoio institucional do equipo a Israel no conflito de Gaza, e o non pronunciarse en absoluto, en contraposición, co que lle está a facer aos palestinos. Penso que o de Alemaña con todo o que teña que ver cos xudeos é patolóxico.
Por outra banda, a Premier vai votar se mantén ou retira o VAR. Están facendo unhas reflexións bastante interesantes.