A min me parece que están matando o fútbol sobrecargando tanto o calendario. Que agora os equipos top poden chegar a xogar ata 80 partidos por tempada. Que hai un grupo de xogadores que tras xogar a tempada de 9 meses logo empalmaron con partidos coas súas seleccións e de ahí a xogar o Mundial éste, e cando acaben casi empezar pretempada outra vez coa seus clubes....
O Mundial éste de clubes non termina de calar e non terá nunca o glamour dun Mundial de Seleccións.
E logo sairán con iso de "hai xente que traballa todolos días por 1000 euros e non se queixa". Pero xogar partidos de 90 minutos ao máximo nivel cada 3 días durante todo o ano, iso reventa as pernas... que non falamos dun grupo de colegas que se xuntan para botar pachangas por diversión, os xogadores dos equipos tops son profesionales aos que se lles esixen resultados e títulos, se lles mira con lupa partido a partido e a presión é constante, a eses niveles non hai diversión que valga, é saír a dar o máximo en cada partido e coa presión por conseguir resultados para a súa empresa. Claro que ser futbolista parece un chollo comparado con traballar na obra, pero non é menos certo que a máis partidos más queimas o físico, máis risco de lesións, por non falar que xogar partidos a mediodía con sensación térmica 40 grados despois dunha tempada de 9 meses, pois me parece normal que os xogadores protesten... A min xogar un partido nesas condicions me parece inhumano, e máis si falamos de fútbol profesional onde se esixen resultados.
A maioría de equipos (como o Celta) xa están de vacacións, pero estes clubes que están agora no Mundial logo se lles vai xuntar co comezo da pretempada, a min me parece unha locura.
Si como espectadores queremos ver espectáculo e bo fútbol creo que o xusto debería ser respetar o descanso dos profesionais do gremio. Que os futbolistas dos clubes top tamén teñen dereito a disfrutar dunhas vacacións e descanso coas súas familias, moitos prexuizos e moita caña lles dan por ganar millones, pero tamén son persoas igual ca calqueira de nós, tamén necesitan descansar corpo, resetear a mente e estar cos seus.