Importa porque aínda hai moito cateto que xulga as persoas polos seus gustos persoais. A ninguén lle parece mal que te gusten as rubias, pero ollo si son rubios. Que un dos insultos favoritos da xente sexa chamarte maricón non é casualidade. Ogallá non fixese falla, como dis, pero que no mundo do fútbol ninguén tivese recoñecido a súa homosexualidade da boa conta do difícil que é para un futbolista dar ese paso. Aínda hai moito estigma e a única forma de rompelo é así, falando do tema.
Cambiando de exemplo, eu levo dende as navidades pensando no caso de Pablo Alborán. Podo estar equivocado porque non vexo moita tele e ao mellor simplemente non o vin, pero teño a sensación de que pasou de ser omnipresente na televisión nacional a desaparecer por completo despois de recoñecela súa homosexualidade. A cosa é que cando admitiu que era gay públicamente se dixo o mesmo, que a quen lle importa.
Admito que pode ser casualidade, xente que ten o seu minuto de gloria e despois desaparece hai a milleiros, pero a min escamoume a coincidencian o tempo.