📌 Fútbol nacional

Seguimento Primeira División

Celestino · 02/08/2025 17:49 · #msg116


Neste foro seguimos todo o que acontece na Primeira División: resultados, clasificación, polémicas, fichaxes e actuacións destacadas.


Aquí poderás opinar sobre os partidos da xornada, compartir análise dos equipos rivais, e comentar o que lle afecta ao noso Celta directa ou indirectamente.


Un espazo para o fútbol de elite, desde a perspectiva celeste pero aberto a todos os puntos de vista.

Celestino · 15/08/2025 18:40 · #msg233
Menudo arranque ligueiro en Montilivi… O Girona comezou a tempada coa peor das caras, caendo 0-3 diante dun Rayo Vallecano que aproveitou todos os erros que lle puxeron en bandexa.

O porteiro Paulo Gazzaniga tivo unha noite para esquecer: primeiro, un pase atrás mal dado acabou nos pés de Jorge de Frutos para o 0-1; un minuto despois, Álvaro García fixo o segundo. E o colofón chegou xusto antes do descanso: intenta regatear a De Frutos na área, perde o balón, comete penalti e acaba expulsado. Isi Palazón marcou dende os once metros e puxo o 0-3.

Na segunda metade, co marcador sentenciado e un home menos, o Girona apenas inquietou e o Rayo xogou a pracer. Arranque moi preocupante para os de Míchel, que teñen moito que mellorar se non queren que este comezo pese no resto da tempada.
Ratko · 15/08/2025 18:41 · #msg234
Celestino

Menudo arranque ligueiro en Montilivi… O Girona comezou a tempada coa peor das caras, caendo 0-3 diante dun Rayo Vallecano que aproveitou todos os erros que lle puxeron en bandexa.…


Visto o partido, o de hoxe foi un auténtico esperpento do Girona. Dous erros seguidos de Gazzaniga e logo o penalti coa expulsión mataron o encontro antes do descanso. O Rayo só tivo que aproveitar os agasallos e na segunda parte practicamente se paseou por Montilivi.


Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0