📌 Fútbol nacional

Sevilla FC

Celestino · 13/08/2025 10:49 · #msg211
Pois nada, familia, o do Sevilla pinta feo de verdade. Entre a directiva, as contas e o que pasa no campo, parece que estamos no peor momento en moitos anos.

💸 Cartos? Cero. Temos un burato de máis de 200 millóns acumulado nos últimos anos e o límite salarial máis baixo da liga, 684.000 euros… ¡si, menos ca moitos equipos de Segunda! Así non se pode fichar nin inscribir a ninguén.

📋 Fichaxes con candado. Tiñamos que ter xa xogadores novos na plantilla, pero nada, ata que non vendan a medio equipo, esquecédevos. Agora mesmo só hai 14 xogadores con ficha… e xa me dirás como vas competir así.

🏥 A enfermería parece un hospital de guerra. Badé, Nianzou, Jordán, Ejuke, Ramón Martínez… todos fóra. E claro, Almeyda ten que inventar aliñacións imposibles en plena pretempada.

⚡ Afección cabreada. Xa hai protestas, pitos e un ambiente moi quente contra a directiva. Isto lembra épocas negras que mellor non repetir.
Revivo · 13/08/2025 10:50 · #msg212
Pois sinceramente, a min non me sorprende nada que o Sevilla estea así. Levan anos dando pena, vivindo das sobras de vellas tempadas boas e tapando os problemas con catro parches. Agora que xa non hai cartos nin ideas, todo sae á luz. Isto viña cantado dende hai tempo.

Accede para responder. Acceder
💡 Deixa a túa suxestión
🟢 Online Usuarios: 0 Visitantes: 0