Pero entón, no fondo, estamos debatindo a pertinencia da existencia dun CM e a importancia do papel das redes sociais nun equipo de fútbol profesional? Non creo, non? Unha vez que xogamos a isto, hai que ir con todo, ou é preferible non xogar? E ao mesmo tempo non darlle trascendencia, que isto é o que é, saír un pouquiño nas redes durante un día, sacar likes e dislikes, e ao día seguinte esquecelo. As redes son así. O tema non da para máis profundidades. É vanidade pura e dura, e poñerse a analizar cousas vanas cun enfoque trascendente é un pouco perder o tempo, non?