Eu só vin ata o minuto 70, pouco antes do segundo gol, así que non podo valorala deblace do final. A min ata o gol non me estaba a parecer un mal partido. Unha visita ao dentista, claro, pero por mérito do Leganés que nos presionaba por todo o campo e pechaban moi ben todos os espacios. O campo parecía minúsculo. Aínda así movemos ben o balón e conseguimos chegar a área varias veces, pero con pouco espacio e menos ideas. O gol deles chega nun erro clamoroso, impensable nun home coa calidade de Marcos Alonso e, ahí si, desfixémonos como un azucarillo.
Pero bueno, que eu estaba a velo partido nunha canle arxentina e todo o que non fose marcar nós parecíalles unha quimera.
Un mal día na oficina, supoño. O ano pasado a derrota co Alavés foi parecida, pior se cabe se pensamos o partidiño de merda que fixemos alá.