Tendo en conta que é un campo pequeno e en Vallecas hai que xogar en espazos reducidos, non podendo correr ao espazo, eu para este partido prescindiría de Williot, de Pablo e de Tasos na dianteira.
E tendo en conta que este partido sempre require un punto de bravura extra, contaría sempre con Manquillo, Beltrán e Illaix.
Así que para min a alienación sería:
Guaita
Manquillo Starfelt Marcos
Carreira Beltrán Sotelo Illaix Cervi
Alfón Borja
Hai que coidar a Aspas todo o que se poida e máis.
Carreira e Cervi abren campo e Sotelo e Illaix filtran pases por dentro. Alfón é dos poucos capaces de regatear en espazos reducidos.
Enviado dende o meu 23053RN02Y usando Tapatalk