A priori o Wanda é un campo moi complicado para nós, e o estilo do Atleti non nos senta ben. Son un equipo equilibrado que mostra fortaleza tanto en ataque como en defensa, a diferencia de Madrid ou Barça que teñen potentes ataques pero defensas máis vulnerables.
Eu o que espero é que o equipo salga mañán a competir e vender cara a nosa pel, si se perde polo menos poñérsello difícil.
Non son fan do Panda, pero penso que para o partido de mañán igual nos vendría mellor saír con él de titular para fajarse cos defensas do Atleti e desgastalos un pouco e logo xa na segunda parte intentar sorprender con Durán de revulsivo.
E a ver si podemos ver uns minutiños xa a Aspas, iso sí con cautela e sin forzalo, entendendo que ven de lesión e xa non é un rapaz con 37 anos.
E tamén quero ver minutos de Ferlo, contra o Betis foi saír él ao campo e iniciar a remontada, e o pase longo ao espacio que mete na xogada do segundo gol foi maravilloso e mostra que non é un xogador calqueira... hai que darlle minutos e partidos e que se vaia asentando no primeiro equipo. Éste rapaz merece xa xogar en Primeira División, non se lle pode ter escondido máis tempo (ogallá nos dure uns anos, pero tal como está o fútbol hoxe en día si o rapaz acaba sendo o que parece non tardarán en aparecer os buitres a quitárnolo das mans).